Comezan as obras de mellora na estrada de Chantada en Monforte

•Entre outras actuacións, a Xunta vai construír dúas glorietas no acceso ao CEIP As Gándaras e ao cemiterio de Monforte

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisou o inicio dos traballos, acompañada polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e a portavoz do grupo municipal do PP en Monforte, Julia Rodríguez, entre outros. GPDTL
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisou o inicio dos traballos, acompañada polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e a portavoz do grupo municipal do PP en Monforte, Julia Rodríguez, entre outros. GPDTL

• A última semana de xullo, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda deu comezo ás obras de mellora da estrada LU-617, no tramo urbano de Monforte, no que se están a acometer traballos para garantir a seguridade de peóns e condutores.

REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA E CONSERVACIÓN DO BO ESTADO DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisou o inicio das obras, acompañada do concelleiro de Servizos de Monforte, José Luis Losada, e a portavoz do grupo municipal do PP en Monforte, Julia Rodríguez, entre outras autoridades. Arias explicou o detalle dos traballos, que son resultado da aposta da Xunta por reforzar a seguridade viaria e por manter o bo estado de conservación das estradas de titularidade autonómica.
Con esta finalidade, os traballos céntranse na mellora das condicións do firme da calzada, que van comenzar pola drenaxe e fresado do existente, á que seguirá a extensión dunha nova capa de rodadura.
As obras tamén inclúen a implantación de dúas glorietas, unha á altura da rúa María Paz de Tor, que dá acceso ao colexio de As Gándaras, e outra na vía que comunica ao cemiterio, así como a instalación de varios pasos elevados. A delegada da Xunta precisou que as obras teñen un prazo de execución de 4 meses, aínda que se prevé que poidan quedar rematadas antes.

VARIAS ACTUACIÓNS EN MARCHA EN VIAIS DA ZONA SUR
Arias destacou que estes traballos no tramo urbano deste vial en Monforte enmárcanse no Plan de Reforzos de Firme que está a desenvolver o Goberno galego. Este plan recolle investimentos este ano de máis de 23 millóns de euros, e do que xa se licitaron traballos en case 600 quilómetros, o 90 % do total da superficie que se vai mellorar.
A Xunta destina máis de 474.000 euros ao traballos na LU-617, e tamén á rehabilitación de firme noutra travesía de Monforte, a LU-661, na que tamén se procederá ó fresado e a dotación doutra capa de rodadura, así como na LU-533 ao seu paso por Chantada.

O ALCALDE DE MONFORTE AGRADECE Á XUNTA QUE ATENDERA A SÚA PETICIÓN PARA ESTA OBRA “MOI NECESARIA”
O alcalde de Monforte, José Tomé, valorou positivamente o inicio dos traballos na estrada de Chantada. “Esta é unha obra moi necesaria desde que se fixo o corredor, debido ó incremento de circulación que está rexistrando a zona”, precisou Tomé. O alcalde lembrou que “esta foi unha das peticións que lle fixen ao Presidente da Xunta a través dunha carta que remitín en novembro, e na que manifestei tamén outras das necesidades de Monforte”.
José Tomé destacou que esta obra “vai contribuír, xunto con outras que acometeremos dende o Concello en varias rúas, a mellorar a circulación, tanto nas saídas cara a Lugo, como a Santiago e mesmo Ourense”. Así mesmo, Tomé apuntou que “sería positivo que desdobraran este tramo con dous carrís para cada sentido, tal e como se ten solicitado dende o Concello”. O alcalde explicou que isto se pode facer “porque hai terreo dispoñible, e se trata dunha vía fundamental para a cidade”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Pleno da Deputación instará á Xunta a incluir a linguaxe de signos no ensino secundario obrigatorio

Seguinte Nova

As Patronais encherán Monforte de actividades para todos, coa novidade dos concertos gratuítos de Auryn e Antonio Orozco

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: