Inserción laboral no eido das TIC’s para mozos con necesidades especiais

A Deputación de Lugo vén de aprobar o programa de emprego Communitteando en Lugo, que organizan, conxuntamente, o organismo provincial e Cogami, cun investimento de arredor de 130.000 euros. Este programa busca fomentar a inserción laboral de 24 mozos con necesidades especiais, en sectores do eido das TIC’s Está destinado a persoas de entre 18 e 25 anos, ou de ata 30 anos no caso de ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Os participantes recibirán 960 horas de formación teórica e práctica durante 6 seis meses, nos que cobrarán o Salario Mínimo Interprofesional, estimado nuns 650 euros ao mes. Este programa tamén vai xerar empregos, coa contratación de tres monitores. Ao finalizar o obradoiro, os participantes recibirán un certificado de profesionalidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Noemí Penela expón en Chantada

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo supera o obxectivo marcado de investimento en xullo, con máis de 15 millóns de euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: