Máis actividades para todos os públicos na XXI Feira da Rosca de Sober

•A cita festiva celebrarase o 11 e 12 de agosto

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, na presentación do cartel da XXI Feira da Rosca, acompañado polo concelleiro José Quevedo Pérez, e os rosqueiros Moncho Álvarez e Teresa Rodríguez. GPCS.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, na presentación do cartel da XXI Feira da Rosca, acompañado polo concelleiro José Quevedo Pérez, e os rosqueiros Moncho Álvarez e Teresa Rodríguez. GPCS.

• A Feira da Rosca de Sober cumple 21 anos, e para celebralo, dende o Concello de Sober veñen de preparar unha programación máis ampla que nos anos anteriores, con actividades para todos os públicos. Este acto de ensalzamento dun dos produtos máis singulares de Sober está organizado polo Concello, en colaboración Queserías Prado, Artesanía de Galicia, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
Segundo explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, “despois de 21 edicións, a Feira da Rosca converteuse nun dos eventos con maior tradición da Ribeira Sacra a través do que podemos enxalzar os produtos da zona e a nosa saborosa rosca”. Guitián destacou que “deste xeito, conseguimos ademais manter vivo o traballo e a tradición dos nosos rosqueiros e rosqueiras”.

INCHABLES, CONCERTO FOLK E DEGUSTACIÓN DE ROSCA O XOVES 11
A XXI Feira da Rosca de Sober arrancará o xoves 11 de agosto a partir das 13 horas, coa celebración dunha festa acuática con inchables nas piscinas municipais.
Na mesma xornada, ás 19,30 horas terá lugar a presentación da campaña de promoción do selo do leite de calidade “Galega 100%”.
Ás 21,00 horas, abriranse os stands da Feira na Praza do Concello, e ás 22,00 horas, a Banda Folk de Ribas de Sil amenizará a velada cun concerto, ao que seguirá a degustación gratuíta de rosca de Sober con licor café, na que poderán participar todos os asistentes.

MAXIA E DEGUSTACIÓN DE ROSCA O DÍA 12
O venres 12 de agosto iniciarase co lanzamento de bombas de palenque ás 10 horas, e a apertura dos stands. A esa hora, actuará o grupo de música tradicional de San Clodio.
Sobre ás 11,30 horas, comezará o espectáculo de maxia “Ilusións ópticas”, a cargo do mago Romarís. Xa ás 13,00 horas, comezará a degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo, amenizada polo grupo de música tradicional de San Clodio. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Folión de Carros terá o seu documental da man da Fundación TIC

Seguinte Nova

Completadas as melloras na residencia do Malecón de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: