Máis de 200 corredores encheron a primeira edición da I Night Trail Quiroga

A alta participación na primeira edición da carreira nocturna Night Trail Quiroga, o pasado 30 de xullo, completouse cun gran ambiente e numeroso público no punto de saída durante toda a proba. (Foto cedida).
A alta participación na primeira edición da carreira nocturna Night Trail Quiroga, o pasado 30 de xullo, completouse cun gran ambiente e numeroso público no punto de saída durante toda a proba. (Foto cedida).

• Quiroga entrou ao grande no mapa das carreiras populares coa estrea, o pasado 30 de xullo, dunha proba nocturna en trazado non urbano. A I Night Trail congregou a máis de 200 participantes nas dúas modalidades de 16 e 8 quilómetros, que puideron escoller entre andaina ou carreira.

PERCORRIDO POLA NATUREZA
A comitiva partiu ás 22,00 horas dunha abarrotada Praza de España, para percorrer a contorna natural da vila de Quiroga, o trazado do Camiño de Inverno a Santiago e a Ruta da Encomenda, pasando por lugares emblemáticos como o Castelo de Torrenovaes ou a igrexa da Ermida, nun trazado de camiños e pasos a través da natureza.
Según explicaron dende o Concello, os participantes amosaron a súa satisfacción pola realización desta proba, ademais de resaltar a espectacularidade do trazado, e o traballo dos voluntarios, que coidaron ata o máis mínimo detalle. Ao remate, público e participantes puideron disfrutar dun fin de festa con pancetada e dj.
Os gañadores dos premios aos mellores corredores locais foron Mariano Álvarez Soto e María Rodríguez en 16 quilómetros, e Alejandro Casanova e Rebeca Piñeiro en 8. Dende o Concello de Quiroga manifestaron o seu agradecemento a todos os patrocinadores e voluntarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Quiroga, primer municipio de Lugo en adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta

Seguinte Nova

Quiroga celebra as Festas do Verán e a XXV Mostra do Mel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss