O Concello de Quiroga, primer municipio de Lugo en adherirse ao Programa de Vivendas Baleiras da Xunta

• O pasado 2 de agosto, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinaron o convenio para a adhesión deste municipio ao Programa de Vivendas Baleiras. Con este acordo, Quiroga será o primeiro concello da provincia de Lugo en sumarse a este programa, que pretende crear unha bolsa de vivendas baleiras para alugueiro social, incorporando as vivendas de organismos, particulares e empresas que non se atopen habitadas contando, para isto, coa colaboración das Administracións locais.

Segundo precisou a conselleira, este convenio fixa un prezo máximo da renda do alugueiro, que será de 250 euros no Concello de Quiroga, e a contía virá determinada polas características da vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.
Ehtel Vázquez explicou que o obxectivo é que o alugueiro resulte de interese, tanto para o arrendador como para o arrendatario de xeito que ao propietario lle compense incorporar a vivenda baleira a este programa pola renda que vai recibir, e que o beneficiario pague un alugueiro asequible, e tamén compatible con outras axudas que poida percibir, tanto do Concello como da Xunta.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A SD Brollón celebra o seu 25º aniversario cun torneo triangular

Seguinte Nova

Máis de 200 corredores encheron a primeira edición da I Night Trail Quiroga

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss