Ribas de Sil celebra as Festas Patronais dentro dunha ampla programación de actos en agosto

• O Concello de Ribas de Sil está a ofrecer ao longo dos meses de verán unha ampla programación lúdico-cultural, que se completa coa celebración das Festas Patronais, os días centrais de agosto.
O venres 12 de agosto, terá lugar no Anfiteatro da Praia Fluvial o espectáculo de animación á lectura “Conto contigo”, a cargo de Manuel Solla, a partir das oito da tarde. A xornada completarase cun concerto do grupo monfortino Gin Tonic’s.

PROGRAMA DAS PATRONAIS
As Festas Patronais celebraranse do 13 ao 15 de agosto. O sábado día 13, iniciaranse as actividades, coa tradicional Subida Ciclista a Torbeo, a partir das 17,30 horas. Xa ás oito, na Praza do Concello o Contacontos Tirititraum porá en escea o espectáculo “Contacontos Musical”, no que se mistura a arte de contar historias coa música da rumba, para o disfrute de toda a familia. A continuación, ofrecerase unha paella xigante, e a xornada rematará coa actuación da Banda Folk de Ribas de Sil.
O domingo 14 iníciase coa Festa da Infancia, que ofrecerá inchables na Praia Fluvial de 11,30 a 13,30 e pola tarde de 17,30 a 20,00 horas. Xa ás oito, haberá outro espectáculo familiar, “O ferreiro e o diaño”, a cargo de Títeres Cascanueces, no Anfiteatro. Para rematar o día, a Banda de Música de Sober actuará na Praza do Concello ás doce da noite.
O luns 15 de agosto poderase disfrutar, na Praza do Concello e ás doce da noite, do espectáculo de monólogos de humor “A vida pasa voando”, a cargo de Dinamoteatro. Un espectáculo onde se mistura o humor, a música e a interacción co público.

HUMOR PARA ADULTOS
A programación lúdico-cultural volve o sábado 20, cando a partir das oito da tarde, Dinamoteatro poña en escea, no Anfiteatro da Praia Fluvial, o espectáculo “Radio Torreiro”, destinado ao público adulto, no que se repasará a cultura festiva dos galegos e as tolas sorpresas que depara a súa retransmisión radiofónica.

MAXIA PARA TODA A FAMILIA
A maxia para os máis cativos e o público familiar terá o seu espazo o domingo 21 ás 20 horas no Anfiteatro de San Clodio. O Mago Charlangas ofrecerá o espectáculo “@Temporal Infantil”, no que se mistura a maxia e o teatro, a través dos experimentos do Científico Chiflado e das viaxes do Pirata Barbanegra.
A programación de agosto en Ribas de Sil pecharase cun espectáculo de monicreques, o domingo 28, no Anfiteatro a partir das oito da tarde. A compañía Títeres Cascanueces porá en escea a obra “Barriga Verde contra o Estragapandeiro”, con contos, música e sorpresas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 200 persoas participaron no programa de Servizos Sociais «Activa Monforte»

Seguinte Nova

Viaxe etnolóxico ao Lugo dos anos 30 na exposición sobre Ebeling no Incio

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: