Unha vintena de artesáns participan en Monforte na 18ª edición da Mostra de Artesanía Artelemos

•Celébrase do 5 ao 9 de agosto, na rúa Cardeal •Xoiería, lá, olería de Gundivós, cestería, coiro ou cerámica creativa son algunhas das especialidades presentes na Mostra

Presentación do programa da 18ª Mostra de Artesanía Artelemos en Monforte. GPCM
Presentación do programa da 18ª Mostra de Artesanía Artelemos en Monforte. GPCM

• A rúa Cardeal de Monforte acolle, do 5 ao 9 de agosto, a 18ª Mostra de Artesanía Artelemos, na que participan unha vintena de artesáns, chegados de varios puntos da comarca e do resto de Galicia.

DINAMIZACIÓN LOCAL E MÁIS VISIBILIDADE PARA OS ARTESÁNS
Segundo explicou o alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación do programa, “con esta Mostra pretendemos dinamizar a economía local e axudar aos pequenos artesáns, posto que son os que máis dificultades teñen de chegar ao mercado”. A Mostra Artelemos reunirá artesáns especializados en coiro, olería de Gundivós, lá, cestería, madeira, xoiería ou marroquinería, entre outras especialidades. “A Mostra vai servir para que os artesáns poidan expoñer os seus produtos, e así facer visible o seu traballo”, precisou o alcalde.

DEMOSTRACIÓNS TODOS OS DÍAS
A Mostra de Artesanía Artelemos está aberta de 11 a 14 horas pola mañá, e de 18 a 22 horas pola tarde. Ademais, o programa inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19,30 a 22 horas. O venres 5, a demostración estará a cargo de Tomás López González, especializado en olería de Gundivós. O sábado día 6 será o turno de Pilar Rodríguez Gonda, que amosará en directo o traballo en lá. Este mesmo día, haberá unha xuntanza de palilleiras da Ribeira Sacra e concellos limítrofes, con exposición dos seus traballos. Xa o domingo 7, a olería de Gundivós volverá a ser protagonista, esta vez da man de Elías González Prieto.

OBRADOIRO PARA NENOS
O coiro centrará as actividades da Mostra o luns 8 de agosto, que se desenvolverán como obradoiros para nenos, dirixidos polo artesán Fernando Peña Novo. Para participar nestes obradoiros, que comezan ás 12 e ás 19 horas, é preciso anotarse cun mínimo dunha hora de antelaciíon no stand do Concello, na propia rúa Cardeal.
Por último, o martes 9 de agosto, haberá dous eventos, tanto pola mañá como pola tarde. O artesán Serafín Macía Diéguez ofrecerá unha exposición das súas miniaturas de apeiros de labranza e utillaxes populares do rural galego. Pola súa banda, o artesán Francisco García León, do Museo Casa de Bonecas de Monforte, elaborará en directo unha casa de bonecas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

NOVO HORARIO PARA VISITAR A TORRE DA HOMENAXE DE MONFORTE

Seguinte Nova

Arte e espectáculo no Círculo Saviñao en agosto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: