Viaxe etnolóxico ao Lugo dos anos 30 na exposición sobre Ebeling no Incio

Inauguración da mostra sobre Walter Ebeling no Incio, o pasado 20 de xullo. GPDL
Inauguración da mostra sobre Walter Ebeling no Incio, o pasado 20 de xullo. GPDL

• O Concello do Incio acolle ata o 1 de setembro a exposición itinerante de Walter Ebeling. A mostra recolle diversos documentos fotográficos elaborados polo filólogo e historiador alemán durante a súa estadía na nosa provincia entre 1928 e 1933 para realizar un traballo de investigación sobre etnolingüística.
A exposición, de entrada libre e gratuíta, pode verse de luns a venres de 8 a 14 horas. Esta mostra itinerante está promovida pola Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial. Na inauguración, celebrada a mediados de xullo, estivo presente a deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a alcaldesa de O Incio, Laura Celeiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ribas de Sil celebra as Festas Patronais dentro dunha ampla programación de actos en agosto

Seguinte Nova

O Folión de Carros terá o seu documental da man da Fundación TIC

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: