278.700 euros en melloras para os IES Daviña Rey e A Pinguela de Monforte

•O conselleiro de Educación visitou estes centros educativos, nos que se iniciarán as obras en setembro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A finais de xullo, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou Monforte para coñecer as obras que o seu departamento vai financiar nos IES Daviña Rey e A Pinguela a partir de setembro. O investimento é de preto de 278.700 euros.
No IES Daviña Rey, a Consellería financiará a reforma e ampliación dos talleres para o ciclo de FP de Automoción, por 220.000 euros. Así, a aula de automoción poderá albergar o denominado “plano aspirante”, ou plataforma para traballos de chapa e pintura que permite aspirar o pó que se solta ao lixar. Tamén se construirá unha entreplanta enriba das aulas de automoción e mecanizado para acoller novas aulas. As obras inclúen a renovación da iluminación, electricidade e calefacción, ademais de dous accesos para persoas con mobilidade reducida.
No IES A Pinguela realizaranse 4 obras, por valor de 58.700 euros. A máis importante é a dotación de aseos para persoas con discapacidade, para o que hai que acondicionar a primeira planta. As obras complétanse coa instalación dunha estrutura de cristal e aluminio na escaleira principal, a instalación eléctrica do Planetario e a fontanería dos vestiarios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Público e visitantes vibraron cos espectaculares saltos do DHU Vila de Sarria 2016

Seguinte Nova

Convenio entre a Xunta e o Concello de Pantón para a construción de beirarrúas na capitalidade

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: