• En xullo desenvolvéronse os traballos de mellora da contorna do Edificio Sociocultural de Ferreira e da Praza do Concello de Pantón, financiadas con 40.000 euros aportados pola Xunta. Segundo explicou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a súa visita ás obras acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, esta aportación responde á liña de axudas da Xunta aos Concellos para a creación e mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Este traballos teñen como obxectivo mellorar o aspecto e a calidade do pavimento da Praza, ademais de impermeabilizar esta superficie, co fin de evitar filtracións no aparcadoiro subterráneo.

DIVERSAS OBRAS NO SUR DE LUGO
Arias lembrou que a liña de axudas aos Concellos que ofrece a Xunta financia outras seis actuacións no sur de Lugo. Así, en Monforte instalarase alumeado público no parque do Paseo de Lugo e no Malecón. En Escairón, mellorarase a cuberta da pista deportiva do Campo da Lama, mentres que en Sober adecuaranse espazos urbanos. En Taboada pavimentarase o barrio do Alto, en Quiroga realizaranse melloras na Praza Maior e na rúa de Pacios, e en Folgoso vaise mellorar o acceso a Eiriz e o parque infantil de Santa Eufemia.•