•O organismo provincial achegará 700.000 euros anuais a este concepto •A de Lugo será a primeira Deputación galega que asume estes custes
• A finais do mes pasado, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, mantivo un encontro cos representantes dos 8 concellos da provincia que contan con Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), para anuncialles que o organismo provincial vai asumir os custes deste servizo que correspondían aos concellos.
AFORRO DE 50.000 EUROS POR CONCELLO
Segundo precisou Campos Conde, a Deputación lucense vai financiar o 40% dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais da provincia de Lugo, xa que, ao 20% que viña aportando como entidade provincial, vaise facer cargo do 20% que tiñan que aportar os propios Concellos. Esta cantidade supoñía un desembolso de 50.000 euros para cada municipio. Para afrontar este custe, o organismo provincial vai destinar un total de 700.000 euros ao ano.

APOSTA PERSOAL DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PARA COLABORAR COS CONCELLOS
Darío Campos suliñou que, con esta medida, a Deputación de Lugo convírtese no primeiro organismo provincial de Galicia en asumir estes custes municipais. “Esta é unha aposta persoal pois, como alcalde que son, coñezo de primera man as dificultades que sofren os Concellos para pagar os GES”, explicou Campos Conde. O mandatario provincial cualificou de “coherente” esta medida da Deputación de Lugo, “cando Xunta e Deputación tamén asumen os custos polos parques de bombeiros, sendo esta unha prestación semellante”.
Na provincia de Lugo, os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) sitúanse nos municipios de Cervo, A Pontenova, Becerreá, Monterroso, Guitiriz, A Fonsagrada, e Folgoso do Courel-Quiroga, que comparten grupo.•