Convenio entre a Xunta e o Concello de Pantón para a construción de beirarrúas na capitalidade

•O tramo das obras vai dende Ferreira ao cruce de Sober •A Consellería de Infraestruturas e Vivenda aportará máis de 230.000 euros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, asinaron o convenio de colaboración  o pasado 30 de xullo, coa presenza da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. GPXG.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, asinaron o convenio de colaboración o pasado 30 de xullo, coa presenza da delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. GPXG.
• O municipio de Pantón vai acometer unha nova infraestrutura para mellorar a seguridade vial de peóns e condutores na contorna urbana de Ferreira. Nesta ocasión, as obras suporán a construción de beirarrúas na rúa Ourense,  que corresponde ao tramo urbano da N-120 entre o centro da capitalidade e o cruce de Sober, á altura do Mosteiro das Bernardas.
FINANCIAMENTO DA XUNTA DE GALICIA
Estes traballos estarán financiados a través dun convenio de colaboración asinado o pasado 30 de xullo entre a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. En virtude deste convenio, a Xunta aportará, a través da Consellería, máis de 230.000 euros, cos que se financiarán os traballos. Pola súa banda, o Concello de Pantón asumirá a redación do documento técnico para o proxecto, así como a contratación e execución das obras.
MÁIS SEGURIDADE E MELLOR MOBILIDADE
Segundo explicaron dende a Consellería, este tramo, polo que se accede ao Mosteiro das Bernardas, presenta beirarrúas en Ferreira interrompidas por un estreitamento na estrada, xerado pola presenza dun alpendre. As obras van mellorar a seguridade e a mobilidade de veciños e visitantes. Con este fin, vaise demoler o alpendre, e no seu sitio construirase un muro de cantería de cerramento. Ademais, construirase unha beirarrúa de 150 metros, e ampliarase  o pontón que xa hai nunha das marxes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

278.700 euros en melloras para os IES Daviña Rey e A Pinguela de Monforte

Seguinte Nova

40.000 euros da Xunta para acondicionar a contorna do Edificio Sociocultural e a Praza do Concello en Ferreira

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: