Monforte e a Ribeira Sacra protagonizarán a sexta etapa de La Vuelta 2016

•O xoves 25 de agosto, o pelotón da Volta Ciclista a España 2016 sairá dende Monforte, nunha etapa de media montaña que culminará en Luíntra

En 2013, Sober protagonizou unha saída de etapa de La Vuelta, con gran expectación e afluencia de público. Arquivo EC
En 2013, Sober protagonizou unha saída de etapa de La Vuelta, con gran expectación e afluencia de público. Arquivo EC

• O xoves 25 de agosto, Monforte de Lemos será a gran protagonista dos eventos deportivos do verán, ao acoller a saída da sexta etapa de La Vuelta 2016. Este evento ciclista, de gran repercusión mediática en todo o mundo, desenvolverase en terras da Ribeira Sacra durante toda a xornada.
Cun trazado de 163 quilómetros de media montaña, o pelotón sairá de Monforte, e percorrerá os municipios de Bóveda, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober. O itinerario inclúe un segundo paso por Monforte, para continuar cara Castro Caldelas, e rematar a etapa en Luíntra, que será a despedida galega dunha Vuelta con inicio no Balneario de Laias en Ourense, e que pasará por Baiona, Viveiro e Lugo, nas cinco primeiras etapas.
O eixo da sexta etapa será o río Sil, ofrecendo aos corredores un trazado de singular orografía, e un espectacular panorama natural para o público que siga a proba. Dende a organización destacaron que esta etapa “vai ser un dos descubrimentos paisaxísticos máis fermosos desta Vuelta 2016”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello ofrece wifi gratis nas piscinas municipais de Sober

Seguinte Nova

Público e visitantes vibraron cos espectaculares saltos do DHU Vila de Sarria 2016

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: