• Dende finais do mes de xullo, os usuarios das piscinas municipais de Sober poderán disfrutar de wifi gratis. Para promover o seu uso, o alcalde de Sober anunciou a posta en marcha dun concurso de fotografía a través de Facebook.
As fotografías deberán facerse nas instalacións das propias piscinas, e subirse á rede da páxina oficial do Concello, https://www.facebook.com/concello.desober/, para o que será preciso empregar o hashtag @concello.desober/. Están permitidas todo tipo de imaxes agás aquelas nas que aparezan persoas sen traxe de baño, especialmente menores.
A fotografía gañadora será a que máis “Gústame” consiga no Facebook, e o seu autor conseguirá un bono familiar gratuíto para as instalacións en 2017. O alcalde animou a participar no concurso con fotos imaxinativas “para que se vexa que o verán en Sober é unha festa continua”.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Sober vén de aprobar o orzamento para 2023 no que prima o gasto
Catro bens de interese cultural (BIC) de Quiroga serán dixitalizados pola Xunta de Galicia formando parte
A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José
Con moita afluencia de xente están a transcurrir os mercados de Nadal que se están a
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do asfaltado da rúa Doutor López Suárez, dentro