O Goberno provincial ofrecerá 600 prazas subvencionadas para maiores no programa Lugo Termal

As estadías nos 4 balnearios lucenses adheridos ao programa poderán disfrutarse de setembro a decembro •Lugo Termal vai dirixido a lucenses maiores de 55 anos, e ofrece descontos de ata 60 euros en terapias mineromedicinais

O vicepresidente da Deputación de Lugo, e voceiro do equipo de Goberno provincial, durante a presentación do programa Lugo Termal, a finais do mes de xullo. GPDL
O vicepresidente da Deputación de Lugo, e voceiro do equipo de Goberno provincial, durante a presentación do programa Lugo Termal, a finais do mes de xullo. GPDL
• Entre setembro e decembro, volven as estadías e tratamentos subvencionados para maiores de 55 anos en balnearios da provincia de Lugo. O Goberno provincial aprobou, a finais do mes pasado, o Lugo Termal 2016, un programa  destinado a lucenses maiores de 55 anos para disfrutar de técnicas de balneario e estancias nestes establecementos con descontos de ata 60 euros.
AUGAS SANTAS NO LUGO TERMAL 2016
Segundo explicou en rolda de prensa o voceiro do equipo de Goberno e vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, o Lugo Termal 2016 ten como obxectivo potenciar o benestar social e o turismo termal na nosa provincia. Con este obxectivo,  a Deputación destinará un total de 36.000 euros para financiar este programa, que ofrece descontos de ata 60 euros en tratamentos termais no Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón; o Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei; o Hotel Balneario Guitiriz, e o Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas. Santos Ramos explicou que o programa Lugo Termal 2016 ofrece 600 prazas, que se disfrutarán durante os meses de setembro a decembro. O voceiro provincial precisou que, nestas semanas, está en marcha o procedemento administrativo que establece a lei para a adhesión dos establecementos hoteleiros participantes.
SERVIZOS QUE OFRECE
A oferta do programa Lugo Termal 2016 consta de paquetes de estancia e tratamentos, con ata 60 euros de desconto. Cada paquete inclúe 6 días con 5 noites de estancia en réxime de pensión completa, entrando sempre en domingo e saíndo en venres, con comida incluída. Durante a estancia, poderase disfrutar de 8 técnicas de balneario, e os establecementos deberán ofrecer  un recoñecemento médico á chegada. Ademais, desenvolverase un programa de animación socio-cultural de luns a xoves.
Por outra banda, o programa Lugo Termal ofrece atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e disfrute dos tratamentos termais. Tamén inclúe programas específicos a persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
Álvaro Santos explicou que os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén disfrutará dos descontos aínda que non teña máis de 55 anos, pero sempre que estea empadroado na provincia de Lugo.
En canto aos importes, Álvaro Santos explicou que en anteriores convocatorias, tamén con descontos da Deputación de 60 euros, conseguíronse prezos de 70 euros sen estancia e de 170 con ela.  Santos precisou que os prezos para esta nova edición van depender das ofertas presentadas.
POTENCIAR O TURISMO TERMAL
O voceiro provincial destacou o éxito das 5 anteriores convocatorias do programa, nas que participaron preto de 5.000 persoas. «Por iso decidimos reeditar este programa, e tamén pola oportunidade económica que supón o termalismo para a nosa provincia», explicou Álvaro Santos, quen apuntou que o gasto medio do turista termal en Lugo está entre os 500 e os 1.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación asumirá os custes municipais dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais

Seguinte Nova

Margarita Rodríguez Otero presenta novo libro no Círculo Saviñao o 3 de setembro

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss