•A quinta edición desta proba, celebrada os días 23 e 24 de xullo, convertiu a Sarria nun impresionante circuíto de saltos
• Preto dun centenar de participantes percorreron o trazado urbano do DHU Vila de Sarria 2016, organizado por DHU Galicia os días 23 e 24 de xullo. A vila xacobea transformouse nun gran circuíto vibrante para disfrutar dos saltos e a velocidade dunha proba na que resultou gañador absoluto Marco Veiga Amado, do club Esmelle.•