Dende o 1 de setembro, está aberto o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música e Danza de Monforte de Lemos, no curso 2016-2017. As especialidades musicais que ofrece o centro son Música e Movemento, para rapaces e rapazas de 4 e 5 anos, pandeireta, batería, guitarra e guitarra eléctrica, teclado, acordeón, gaita, clarinete, saxofón, frauta, trompeta, trombón de varas, tromba, tuba-bombardino, violín e viola. En danza, as modalidades impartidas inclúen ballet clásico a partir de 5 anos, danza tradicional para todas as idades, danza moderna a partir de 9 anos, e baile de salón para adultos.
As persoas interesadas poden formalizar a matrícula na Secretaría do Edificio Multiusos, aberta de 10 a 13 horas, e de 17 a 19 horas. Para obter máis información, poden chamar ao teléfono 982 40 38 93.