Aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música e Danza de Monforte

Dende o 1 de setembro, está aberto o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música e Danza de Monforte de Lemos, no curso 2016-2017. As especialidades musicais que ofrece o centro son Música e Movemento, para rapaces e rapazas de 4 e 5 anos, pandeireta, batería, guitarra e guitarra eléctrica, teclado, acordeón, gaita, clarinete, saxofón, frauta, trompeta, trombón de varas, tromba, tuba-bombardino, violín e viola. En danza, as modalidades impartidas inclúen ballet clásico a partir de 5 anos, danza tradicional para todas as idades, danza moderna a partir de 9 anos, e baile de salón para adultos.

As persoas interesadas poden formalizar a matrícula na Secretaría do Edificio Multiusos, aberta de 10 a 13 horas, e de 17 a 19 horas. Para obter máis información, poden chamar ao teléfono 982 40 38 93.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Visitas guiadas de balde en Monforte na XVII Xornada Europea da Cultura Xudía

Seguinte Nova

Nova edición do Festival de Habaneras Concello de Monforte o sábado 3 de setembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: