Chantada acolle ata finais de outubro a primeira retrospectiva en Galicia da obra de Manuel Jorge

Ata o 30 de outubro pode verse en Chantada a exposición «Pinceladas galegas, trazos mediterráneos», que recolle un total de cincuenta pezas da longa traxectoria creativa do pintor e arquitecto chantadino Manuel Jorge. A inauguración desta mostra, a primeira retrospectiva en Galicia da obra deste senlleiro creador, terá lugar na Casa da Cultura de Chantada o sábado 3 de setembro ás 19 horas. A continuación, ás 20 horas,  terá lugar un concerto homenaxe a Manuel Jorge no Auditorio Municipal de Chantada, con Manuel López Jorge e Javier López Jorge ao piano, e Mª Victoria Jericó e Luis López Jorge ao violín.

A exposición está estructurada en dous espazos, que recollen as dúas épocas creativas de Manuel Jorge. Na Casa da Cultura amósase unha escolma da primeira época de Jorge, de carácter figurativo e con predominio dos retratos, e principalmente xestada na súa Chantada natal, ou ben vinculada temáticamente con Galicia. Por outra banda, a Sala de Exposicións do Auditorio Municipal concentra unha mostra da producción dos últimos anos deste creador chantadino, marcada polo carácter abstracto e relacionada nos seus trazos con planos e fotos da súa arquitectura.

A mostra está comisariada por Alba Sánchez e María Tomé, que plantearon este proxecto dende a dualidade do artista como pintor galego e arquitecto mediterráneo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Margarita Rodríguez Otero presenta novo libro no Círculo Saviñao o 3 de setembro

Seguinte Nova

Monforte despide o verán o sábado 3 de setembro co V Festival do Paradiso

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss