Monforte despide o verán o sábado 3 de setembro co V Festival do Paradiso

O verán despídese en Monforte cun broche de ouro musical. O Festival do Paradiso volverá a facer vibrar a cidade do Cabe o sábado 3 de setembro, a partir das 20,00 horas, no que fora o seu escenario de partida hai cinco anos, o Parque dos Condes. A quinta edición do Festival do Paradiso continúa ofrecendo unha estimulante mistura de bandas galegas e grupos locais, que nesta ocasión reúne a Costas, Los Árboles, Poetarras, Moon Cresta, Rebeliom do Inframundo, Cadela Asasina, e o dj Darius Weis, ademais de contar coa gran sorpresa do reencontro da monfortina banda de indie-rock Violet Magic Cloud,  ao cumprirse 10 anos da saída do seu  disco.

Ademais de música, o Festival conta coas infraestruturas necesarias para unha noite de festa, ofrecendo servizo de bar, así como unha pancetada gratis ás 20,00 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada acolle ata finais de outubro a primeira retrospectiva en Galicia da obra de Manuel Jorge

Seguinte Nova

Visitas guiadas de balde en Monforte na XVII Xornada Europea da Cultura Xudía

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: