O domingo 4 de setembro, Monforte sumarase á celebración da XVII Xornada Europea da Cultura Xudía, ofrecendo visitas didácticas pola zona de ámbito xudeu da cidade do Cabe.
As visitas guiadas iniciaranse ás 11,30 e ás 18 horas, saíndo da Oficina Municipal de Turismo.
A actividade está organizada pola Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, e o Concello de Monforte de Lemos.