24 establecementos da provincia de Lugo participarán na décima edición do Outono Gastronómico

• Do 16 de setembro ao 18 de decembro, 92 establecementos de toda Galicia sumaranse a este programa que combina enogastronomía e estancias de turismo rural

Presentación do X Outono Gastronómico e do Autobús do programa, pola directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; e os presidentes da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal; da Asociación Galega de Turismo Rural, Manuel Luciano Sánchez; e da Asociación de Turismo Rural Agarimo, Ventura García Fafián. GPXG.
Presentación do X Outono Gastronómico e do Autobús do programa, pola directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; e os presidentes da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal; da Asociación Galega de Turismo Rural, Manuel Luciano Sánchez; e da Asociación de Turismo Rural Agarimo, Ventura García Fafián. GPXG.
• O vindeiro 16 de setembro ponse en marcha a décima edición do Outono Gastronómico, unha iniciativa que combina a enogastronomía con estancias en establecementos de turismo rural de toda Galicia. Segundo explicou a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, na presentación do programa, este ano son 92 os establecementos da nosa comunidade que se sumaron á iniciativa, con 26 establecementos na provincia de Pontevedra, 24 na de Lugo, 23 en Ourense e 19 na provincia da Coruña.
O programa, que estará en marcha ata o 18 de decembro, é un produto creado por Turismo de Galicia  en colaboración coa rede de establecementos de Turismo Rural de Galicia.  O Outono Gastronóimico ten como obxectivo dinamizar o turismo no eido rural, desenvolvendo a oferta complementaria e favorecendo a desestacionalización.
DOUS EXCLUSIVOS MENÚS A ELIXIR NA OPCIÓN GASTRONÓMICA
Dentro deste programa, cada unha das casas rurais participantes vai ofrecer dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para a ocasión. Deste xeito, a oferta Menú Outono Gastronómico inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega e outras bebidas.
MENÚ MÁIS PERNOCTA EN CASA RURAL
Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o Paquete Outono Gastronómico, que permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta modalidade ofrece un menú por persoa máis aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes na promoción, a escoller entre a noite do venres ou do sábado.
Por último, o programa ofrece a Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento nas noites de venres e sábado. Se a viaxe é en familia, a opción Familiar inclúe ofertas para un ou dous menores de 14 anos.
SORTEOS E AGASALLOS POLO 10º ANIVERSARIO
Para celebrar os primeiros dez anos do Outono Gastronómico, esta tempada ponse en circulación o Autobús Outono Gastronómico, un vehículo histórico dos anos 50, no que se ofrecerá información sobre a evolución desta iniciativa turística e os distintos paquetes turísticos que ofrece. O Autobús Outono Gastronómico vai percorrer as sete grandes cidades galegas, así como Vilagarcía de Arousa.
Ademais, Turismo de Galicia elaborou diverso material promocional, que inclúe unha guía informativa en galego e castelán, cartaces e dípticos. A guía estará dispoñible nos propios establecementos rurais, oficinas de turismo, campos de golf e outros espazos públicos. Nas redes sociais, haberá un concurso en Facebook que sorteará varias estancias no Outono Gastronómico en colaboración con varios centros comerciais.
Así mesmo, todos os participantes no X Outono Gastronómico recibirán como agasallo un tarriño de mel galego da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia personalizado coa imaxe deste programa turístico. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Continúa ata o día 15 o horario de verán nas visitas á Torre da Homenaxe de Monforte

Seguinte Nova

Aberto o prazo de matrícula na Escola Municipal de Música de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: