A Deputación cede terreos á Fundación de Dano Cerebral para construír unha unidade de patoloxía dual

• A cesión, gratuíta e por 50 anos, inclúe 80.000 metros cadrados de terreos en Castro de Rei

• A mediados de agosto, o Executivo da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a cesión, con carácter gratuíto, de terreos á Fundación de Dano Cerebral (Fudace) para a construción dunha unidade de patoloxía dual. Segundo informaron os responsables provinciais, esta cesión posibilita que a Fundación levante neste espazo o que será o primeiro centro destas características en Galicia, e o segundo en España.
OUTRA CESIÓN PATRIMONIAL A FAVOR DE COLECTIVOS SOCIAIS DA PROVINCIA
O terreo cedido pola Deputación ten preto de 80.000 metros cadrados de superficie, cun valor catastral de 500.000 euros. A parcela está situada en Castro de Rei, a carón das instalacións do San Rafael e da Granxa Gayoso Castro.
Segundo precisou o voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, este acordo enmárcase “na nosa política de dar uso público e social ao patrimonio provincial, que é de todos os cidadáns”. Neste sentido, Santos Ramos lembrou a situación similar que se produciu na cesión gratuíta do San José á asociación ASPNAIS, ou a gardería do Campus á asociación Raiolas. Nestes espazos, ditos colectivos sociais tamén van ampliar os seus servizos para persoas con capacidades diferentes, que necesitan dunha atención especializada”.
O espazo inclúe dúas fincas, unha de algo máis de 10.000 metros cadrados, onde Fudace ten o seu centro de referencia, que atende a 60 persoas con dano cerebral, e no que traballan 46 profesionais. A segunda finca, de algo máis de 71.000 metros cadrados, será onde Fudace vai construír a nova unidade de patoloxía dual, con capacidade para entre 15 e 45 persoas. O centro atenderá a persoas con dano cerebral e trastornos severos do comportamento, que requiren dunha atención moi especializada.
Dende a Deputación explicaron que Fudace vai solicitar axudas á Unión Europea para financiar este proxecto, no que leva a traballar dende hai anos co apoio do organismo provincial. Foi Fudace quen pediu á Deputación as instalacións do antigo San Rafael, para poder ampliar o seu catálogo de servizos. O ente provincial puxo o edificio ao servizo da asociación, pero ao non contar co apoio económico da Xunta e do Goberno central o proxecto non saiu adiante, segundo explicaron dende a Deputación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Iniciado o proceso de integración da Fundación TIC na Deputación

Seguinte Nova

O Goberno provincial deseña cos colectivos un plan de emprego para persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: