A Xunta inviste máis de 100.000 euros en remodelar espazos urbanos en Quiroga

•O convenio forma parte do Plan Hurbe, que ten como obxectivo fomentar a humanización das vilas galegas

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, asinaron o convenio para a remodelación de espazos urbanos o pasado 19 de agosto en Santiago. GPXG.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, asinaron o convenio para a remodelación de espazos urbanos o pasado 19 de agosto en Santiago. GPXG.

 

• O Concello de Quiroga vai acometer novas actuacións de mellora nos espazos urbanos, dentro dun convenio asinado coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O pasado 19 de agosto tiña lugar en Santiago a sinatura deste convenio, entre a conselleira Beatriz Mato e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez. Deste xeito, a Xunta destina 110.000 euros para diversas actuacións, incluídas no Plan Hurbe que o Executivo galego está a desenvolver para fomentar a humanización de espazos públicos nas vilas galegas.
OBRAS EN PACIOS, NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN E NA PRAZA MAIOR
Segundo precisaron dende  a Consellería, as obras que se van financiar con cargo a este convenio suporán a reurbanización dunha rúa no núcleo de Pacios de Mondelo, a colocación de pavimento de seguridade de caucho no Parque da Constitución, e na rúa San Martiño do Parque da Igrexa, onde tamén se vai mellorar o acceso. Tamén se realizarán traballos de acondicionamento na Praza Maior de Quiroga.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que con estas obras foméntase a recuperación e conservación de espazos públicos, para poñelos en valor dende o punto de vista cultural, social e económico.
Dende a Consellería lembraron que o Plan Hurbe, posto en marcha pola Xunta en 2010, vén de incrementarse este ano en 5 millóns de euros, ata completar un total de 11 millóns en 2016 para humanizar rúas,  e urbanizar espazos públicos que recuperan así o seu carácter de áreas de interacción social.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Unha vintena de mozos e mozas participaron en Quiroga no campo de traballo internacional Castelo de Novaes

Seguinte Nova

Fotografía e pintura no verán de Quiroga

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss