• Ata o 26 de setembro está aberto o prazo para matricularse no curso 2016-2017 da Escola Municipal de Música de Sober.
FORMACIÓN INDIVIDUAL E INTEGRACIÓN NA BANDA XUVENIL E NO CORO
A Escola ofrece unha decena de especialidades: frauta traveseira, clarinete, saxofón, trombón, trompa, tuba, batería, caixa, bombo, platillos, piano e guitarra. Ademais, inclúense no programa clases de linguaxe musical, así como a posibilidade de integrarse na banda xuvenil de música ou no coro municipal.

ESCOLA DE MÚSICA «REFERENTE NA COMARCA»
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, animou á veciñanza, «tanto nenos como adultos», a formar parte da Escola de Música «que ano tras ano vai medrando, ampliando a súa oferta e consolidándose como un referente na nosa comarca».
A presentación do curso e recollida dos horarios terá lugar o sábado 1 de outubro ás 12,00 horas no Centro Sociocultural.

XOVES DE CANTOS PARA ADULTOS
O alcalde lembrou que a oferta musical inclúe a actividade denominada «Xoves de Cantos», iniciada o pasado curso por un grupo de persoas que se reúnen os xoves ás seis e media da tarde para cantar. Destas sesións, que teñen lugar no Centro Sociocultural, xurdiu o Coro Berea, a primeira agrupación vocal deste municipio. Os interesados nesta actividade poden obter máis información e inscribirse a través dos teléfonos 982 46 05 13 ou 617 50 63 19.•