• O Goberno provincial aumentou o número de prazas dispoñibles deste servizo, e asume o total dos custes cunha partida de 300.000 euros
• Dende o 6 de setembro está aberto o prazo de solicitude das máis de 650 novas prazas gratuítas de Teleasistencia, cuxos costes está a asumir na súa totalidade a Deputación de Lugo, cunha partida de 300.000 euros. Na víspera da apertura deste prazo, o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, acompañado polo vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, visitou a unha veciña de Lugo de 80 anos, usuaria do servizo de Teleasistencia, e puideron comprobar o funcionamento desta prestación a través dun simulacro.
TELEASISTENCIA «MÁIS SOCIAL E MÁIS PROFESIONAL E HUMANA»
Campos Conde destacou a importancia de que este servizo sexa totalmente gratuíto para os usuarios, así como o feito de que vaia destinado a maiores e a persoas que teñan algún tipo de limitación na súa autonomía. «Estas son dúas importantes diferencias con respecto á Teleasistencia da Xunta, pois o Goberno galego obriga ao seu copago, e limita a prestación só a persoas catalogadas como dependentes, deixando fóra a moitas persoas que necesitan este servizo», suliñou o mandatario provincial.
Campos insistiu nas melloras que vén de introducir o Goberno provincial neste servizo. Por unha banda, inclúe por vez primeira baremos psicosociais e psicosanitarios, xa que ten en conta o grao de soidade do solicitante, a súa capacidade de toma de decisións, ou a súa situación familiar, entre outros aspectos. Por outra banda, serán agora os propios traballadores sociais os que valorarán a necesidade das prazas, tendo en conta a situación real dos demandantes ao estar en contacto con eles de primeira man. «Así, ofrecemos un servizo máis social, máis humano e máis profesional», insistiu o presidente.
En total, a Deputación está a ofrecer 1.550 prazas de Teleasistencia, e na actualidade son 895 os usuarios deste servizo. Os interesados nas novas prazas poden descargar o modelo de solicitude en www.deputacionlugo.gal, e obter máis información na web ou no teléfono 982 26 01 38.

O PP LEMBROU QUE FOI O GOBERNO DE CANDIA QUEN INTRODUCIU A GRATUIDADE
Logo das declaracións do presidente provincial, a deputada do Partido Popular Mari Teijeiro lembrou que «foi co PP cando se empezou a falar de novas altas e da necesidade dunha nova ordenanza para renovar o servizo”. Teijeiro apuntou que foi durante o Goberno de Elena Candia «cando se asumiu por primeira vez o custo total do servizo dende a Deputación».•