Agosto creativo en Sarria da man dos artistas e artesáns da comarca

• Máis de 200 obras de 70 creadores da zona puideron verse na VII Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

A deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, na presentación da mostra. GPDL.
A deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López, na presentación da mostra. GPDL.
• Máis de 200 obras pertencentes a 70 artistas da comarca sarriana integraron a sétima edición da mostra Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño, que estivo exposta na antiga Prisión Comarcal do 11 ao 28 de agosto.
IMPORTANTE CITA ARTÍSTICA DA PROVINCIA DE LUGO
Esta iniciativa, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño na Comarca de Sarria en colaboración coa Asociación de Palilleiras de Sarria, Sarricante e Crearte, supón unha das citas artísticas máis importantes da provincia de Lugo, tanto polo volume de obras presentadas como pola calidade dos traballos. Cadros de diversas técnicas, e artesanía de madeira, pedra, ferro e outros materiais,  integraron esta mostra.
Segundo precisou a deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, , “a través desta exposición, achegamos aos milleiros de peregrinos do Camiño de Santiago que pasan polo municipio de Sarria as labores e raíces dos sarriaos, e tamén impulsamos a economía da zona e da provincia”. A Deputación de Lugo colaborou na difusión deste evento, que conta cunha media de visitantes de preto de 5.000 persoas.
A novidade deste ano foi a creación dun cadro “vivo” sobre un fito de pedra que representa ao 111 do Camiño en Sarria, de mans do pintor lucense Miguel Torre. A idea é reivindicar o desacordo coa retirada destas antigas sinalizacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Margarita Rodríguez Otero presentou o seu libro no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Chantada acolle a primeira retrospectiva en Galicia da obra de Manuel Jorge

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: