Chantada acolle a primeira retrospectiva en Galicia da obra de Manuel Jorge

• Cincuenta obras do pintor e arquitecto chantadino recollen a súa traxectoria • Poden verse na Casa da Cultura e no Auditorio ata o 30 de outubro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Ata o 30 de outubro pode verse en Chantada a exposición “Pinceladas galegas, trazos mediterráneos”, que recolle un total de cincuenta pezas da longa traxectoria creativa do pintor e arquitecto chantadino Manuel Jorge. A inauguración desta mostra, a primeira retrospectiva en Galicia da obra deste senlleiro creador, tivo lugar na Casa da Cultura de Chantada o sábado 3 de setembro, completada cun concerto homenaxe a Manuel Jorge no Auditorio Municipal, a cargo de Manuel López Jorge e Javier López Jorge ao piano, e Mª Victoria Jericó e Luis López Jorge ao violín.
MOSTRA ESTRUCTURADA SOBRE O EIXO GALICIA – MEDITERRÁNEO
A exposición está estructurada en dous espazos, que recollen as dúas épocas creativas de Manuel Jorge. Na Casa da Cultura amósase unha escolma da primeira época de Jorge, de carácter figurativo e con predominio dos retratos, e principalmente xestada na súa Chantada natal, ou ben vinculada temáticamente con Galicia.
Por outra banda, a Sala de Exposicións do Auditorio Municipal concentra unha mostra da producción dos últimos anos deste creador chantadino, marcada polo carácter abstracto e relacionada nos seus trazos con planos e fotos da súa arquitectura.
A mostra está comisariada por Alba Sánchez e María Tomé, que plantearon este proxecto dende a dualidade do artista como pintor galego e arquitecto mediterráneo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Agosto creativo en Sarria da man dos artistas e artesáns da comarca

Seguinte Nova

Recreación histórica no Museo do Ferrocarril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: