Completadas as melloras no alumeado público en diversas zonas de Monforte

• O Malecón recuperou a iluminación nocturna logo de 10 anos sen servizo • O Concello instalou tamén novas luminarias en zonas como o Paseo de Lugo, a Compañía, ou a rúa Lois Pereiro

O alumeado público do paseo do Malecón de Monforte volveu a estar operativo a mediados do mes de agosto, logo de 10 anos sen funcionar. GPCM
O alumeado público do paseo do Malecón de Monforte volveu a estar operativo a mediados do mes de agosto, logo de 10 anos sen funcionar. GPCM

• O paseo do Malecón monfortino recuperou en agosto a iluminación nocturna, logo dos traballos realizados polo Concello para devolver esta instalación a «un punto da cidade moi utilizado para pasear», segundo sinalou o alcalde, José Tomé. Un total de 39 puntos de luz volven funcionar logo de dez anos sen estar operativos. «Esta zona tiña un nivel de iluminación moi deficiente», precisou Tomé, quen explicou o detalle dos traballos. Ademais do arranxo dos cableados na marxe dereita da rúa, «aproveitáronse os báculos actuais, pintáronse e elimináronse as zonas oxidadas», suliñou o rexedor.
O Concello tamén instalou novas luminarias na zona da Compañía e pista deportiva, Paseo de Lugo e rúa Poeta Lois Pereiro. José Tomé destacou que «por vez primeira, o Concello vén de dotar de iluminación ao parque infantil da Compañía».
A totalidade das novas luminarias aproveitan ao máximo o rendemento lumínico, axudando ao aforro enerxético, segundo explicou o alcalde. O investimento total é de 60.500 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo para solicitar as máis de 650 novas prazas gratuítas de Teleasistencia da Deputación

Seguinte Nova

Unha vintena de mozos e mozas participaron en Quiroga no campo de traballo internacional Castelo de Novaes

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: