
• A mediados de agosto, quedou asinado un convenio entre a Xunta e as sete Agrupacións de Voluntarios Protección Civil dos sete concellos do Camiño Francés, para reforzar a seguridade na ruta. O obxectivo é levar a cabo actuacións de prevención, promoción, información e socorro dos peregrinos na súa andaina a Santiago de Compostela.•