Criterios sociais nas bases das axudas provinciais ás asociacións culturais

• O prazo para solicitalas está aberto ata o 13 de setembro inclusive • As bases da convocatoria tratan de fomentar a integración social, a dinamización, e combatir as dificultades derivadas do despoboamento e a dispersión poboacional

Darío Campos Conde e Pilar García Porto presentaron as bases da convocatoria de axudas a asociacións culturais, a comezos de setembro. GPXG.
Darío Campos Conde e Pilar García Porto presentaron as bases da convocatoria de axudas a asociacións culturais, a comezos de setembro. GPXG.
• A Deputación de Lugo destina 400.000 euros ás axudas que a Área de Cultura provincial ofrece ás asociacións lucenses, coa novidade de introducir baremos sociais nos criterios de valoración. Segundo explicaron o presidente da Deputación, Darío Campos, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto, o obxectivo desta modificación é acadar «unha concesión detas axudas máis xusta».
ANTICIPO DO 80% DO IMPORTE DA AXUDA
Estes criterios terán en conta favorablemente os proxectos que vaian dirixidos á terceira idade, mulleres, cativos e mocidade, así como a colectivos con capacidades diferentes. Primaranse tamén as programacións que se desenvolvan en pequenas localidades, especialmente no rural. Así mesmo, valorarase o impacto e repercusión da actividade cultural entre a sociedade, ou o fomento da cooperación e traballo entre as distintas asociación culturais.
A outra novidade desta convocatoria de axudas é o anticipo do 80% dos importes que se lles vai achegar ás asociacións beneficiarias.
IMPORTES
As bases ofrecen dous tipos de axudas, sempre para actividades de impulso da nosacultura e tradición. Haberá achegas de 300 a 8.000 euros para financiar programacións de carácter anual que supoñen a principal actividade, ou conxunto de actividades, da entidade solicitante. Por outro lado, están as axudas de entre 300 e 6.000 euros para actividades de carácter puntual.
O prazo de solicitude está aberto ata o 13 de setembro inclusive. •

• A ACTIVIDADE SOCIAL DOS CLUBES, UN DOS NOVOS BAREMOS NAS AXUDAS PROVINCIAIS AO DEPORTE

Ata o 14 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas deportivas que concede a Deputación de Lugo aos clubes lucenses de 1ª e 2ª división nacional que non sexan sociedades anónimas. Destas axudas, para as que se destina un total de 470.000 euros, a Deputación adiantará o 80% aos clubes beneficiados para que poidan preparar a tempada con garantías. En canto ás bases desta convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, cabe destacar que inclúe por vez primeira criterios sociais, como a actividade social que desenvolve, os anos de historia do clube, e o apoio que realiza ao deporte de base. Este último aspecto foi unha petición expresa dos propios clubes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcalde de Monforte reuniuse cos veciños das Acacias

Seguinte Nova

Verán musical en Sarria co II Campus Banda Sinfónica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: