Numeroso público acudiu este verán ás Piscinas Municipais de Sober para participar nas dúas festas con inchables destinadas aos máis novos. As piscinas acolleron tamén diversas actividades ao longo do verán, como a bibliopiscina, os obradoiros creativos, ou as Festas Nocturnas, unha iniciativa exitosa pensada para todos os públicos.