Fotografía e pintura no verán de Quiroga

• Na intensa programación festiva e de lecer, o verán de Quiroga ofreceu un espazo para a creatividade, en forma de foto e pintura. A mediados de agosto clausurouse a mostra fotográfica “Ao redor de nós”, que amosou os traballos dos fotógrafos Peruchela e Barucho. A exposición, que estivo aberta durante un mes na Sala de Exposicións Manuel María da Casa da Cultura de Quiroga, contou cunha ampla afluencia de visitantes.
Ata mediados deste mes, esta sala acolleu a exposición de pintura “Catro médicos polo Sil”, que recolle unha mostra da produción pictórica de Jesús Vázquez, Pablo Galego, Leopoldo García, e Constantino Cuesta. A de Quiroga é a sétima exposición coxunta destes catro galenos, que contan cunha ampla traxectoria artística a nivel individual.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta inviste máis de 100.000 euros en remodelar espazos urbanos en Quiroga

Seguinte Nova

Os convenios asinados entre a Deputación e os Concellos permiten melloras nas dotacións no rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: