• A Deputación vén de iniciar en agosto os trámites para integrar a Fundación TIC no organismo provincial. O vicepresidente, Álvaro Santos, e o deputado de Goberno Interior, Miguel Ángel Sotuela, mantiveron a mediados do mes pasado un encontro cos traballadores da Fundación, para informarlles deste proceso.
TRANSPARENCIA
Santos explicou que esta decisión é “froito da política de transparencia iniciada pola Deputación coa disolución do Inludes e da Fundación Tor”. “Apostamos por uns servizos públicos xestionados directamente pola administración”, precisou.
Pola súa banda, Sotuela afirmou que coa integración da TIC na Deputación “eliminaranse duplicidades administrativas, optimizaranse recursos e reducirase o gasto corrente”.

ENTIDADE FINANCIADA TOTALMENTE POLA DEPUTACIÓN
O deputado de Goberno interior puntualizou que se vai manter a finalidade da TIC, que é “a promoción do uso das novas tecnoloxías na provincia, a cooperación cos Concellos e o apoio ao tecido asociativo”.
Ademais, Álvaro Santos destacou que, unha vez tomada a decisión política de integrar a Fundación TIC no organismo provincial, o procedemento continúa coa solicitude dos informes xurídicos e laborais “para establecer os pasos que hai que seguir para integrar esta entidade sen ánimo de lucro que está financiada na súa totalidade con fondos provinciais”.•