Máis de 1.200 participantes nas 54 actividades do Centro Demostrador TIC nos 6 primeiros meses do ano

As aulas CeMIT de Sarria, Chantada, Monforte e Quiroga ofrecen un espazo dixital aberto a empresas, autónomos e pemes, así como á cidadanía en xeral. Arquivo EC.
As aulas CeMIT de Sarria, Chantada, Monforte e Quiroga ofrecen un espazo dixital aberto a empresas, autónomos e pemes, así como á cidadanía en xeral. Arquivo EC.

•No primeiro semestre do ano o Centro Demostrador TIC da Amtega organizou un total de 54 actividades, que incluíron sesións demostradoras, seminarios de formación e encontros para achegar as TIC a pemes e autónomos. Máis de 260 empresas participaron no programa formativo do CDTC ao que asistiron 1.200 persoas, 207 a través do sistema de videoconferencia das aulas CeMIT e 326 vía streaming.
Para chegar a un maior número de usuarios, o Centro Demostrador estreitará a colaboración coas principais aulas CeMIT, como as de Sarria, Quiroga, Chantada ou Monforte, que retransmitirán as actividades a través do sistema de videoconferencia da rede.
Outro dos servizos do Centro é o CDTIC Virtual, no que empresas, organizacións e persoas usuarias poden probar e avaliar distintas aplicacións en software libre a través dun servizo na nube nun contorno privado, sen necesidade de dispoñer de recursos informáticos propios ou persoal con coñecementos avanzados de sistemas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Campaña de verán da UAD de Monforte para previr o consumo de alcol e tabaco nos menores

Seguinte Nova

Na Ribeira Sacra este verán choveu un 18% máis do normal

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: