Medio Rural destinará preto de 600.000 euros para recuperar os viñedos da Ribeira Sacra

•As perdas nos viñedos polas tormentas de agosto estímanse en case medio millón de euros • A Xunta achegará 500.000 euros para compensar a perda de produción, e outros 100.000 para reparar danos en muras e accesos

A conselleira de Medio Rural visitou unha das zonas afectadas polas treboadas en Sober, o pasado 16 de agosto, para coñecer os danos na produción e nos accesos aos viñedos. CMR
A conselleira de Medio Rural visitou unha das zonas afectadas polas treboadas en Sober, o pasado 16 de agosto, para coñecer os danos na produción e nos accesos aos viñedos. CMR

 

• A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, achegouse á zona vitivinícola de Amandi, en Sober, para coñecer os danos producidos polas treboadas de mediados de agosto.
IMPORTANTES DANOS
A titular autonómica visitou a zona ao día seguinte de producirse as incidencias climatolóxicas, que causaron a perda de preto de 400.000 quilos de uva, nunha extensión de arredor de 50 hectáreas de viñedo. Ademais, rexistráronse danos nas infraestruturas das explotacións, con caída de muras e deterioro do firme das pistas de acceso aos viñedos. Os primeiros cálculos daban como resultado unhas perdas de preto de 500.000 euros.
O propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou días despois que o Goberno autonómico vai habilitar unha orde de axudas de 500.000 euros para compensar a perda de produción, e outros 100.000 euros para reparar danos en muras e accesos.
Os viticultores trasladaron a súa preocupación á conselleira, xa que o vindeiro ano só se vai poder recuperar un terzo da produción actual. A conselleira de Medio Rural comprometeuse a colaborar para a recuperación destas perdas.•

•O Concello de Monforte acometeu a reparación dos danos nos camiños vitícolas da zona afectada en Soutelo

O alcalde de Monforte, José Tomé, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, na zona de Soutelo, para coñecer os danos das treboadas. O Concello desprazou unha pá de cadeas para reparar os camiños de acceso aos viñedos, de xeito que os viticultores puideran traballar nas plantacións. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, na zona de Soutelo, para coñecer os danos das treboadas. O Concello desprazou unha pá de cadeas para reparar os camiños de acceso aos viñedos, de xeito que os viticultores puideran traballar nas plantacións. GPCM
• As treboadas de mediados de agosto provocaron danos en preto de 6 hectáreas de viñedo na zona de Soutelo, dentro do municipio de Monforte. O alcalde, José Tomé, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, achegáronse á zona para coñecer o alcance dos danos, que afectaron a máis de 150.000 quilos de uva, “entre o 70% e o 80% da colleita, e nalgúns casos o 100%”. Ademais da merma na produción, as vides víronse afectadas, así como as muras e os camiños. Co fin de facilitar o traballo dos viticultores, o Concello desprazou unha pá de cadeas, para habilitar os preto de dous quilómetros e medio de pistas afectadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os convenios asinados entre a Deputación e os Concellos permiten melloras nas dotacións no rural

Seguinte Nova

Monforte vibrou coa saída da sexta etapa de La Vuelta 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: