Na Ribeira Sacra este verán choveu un 18% máis do normal

Segundo o informe emitido por Meteogalicia, na Ribeira Sacra e na Terra Chá este verán choveu un 18% por riba do normal. Este dato contrasta co rexistrado en zonas como en parte da comarca de Santiago, onde as precipitacións chegaron a estar un 73% por debaixo da media. No conxunto de Galicia, este verán choveu ata un 42% menos do normal, algo similar ao verán dos anos 1998, 2005 e 2013.
En canto ás temperaturas, o informe de Meteogalicia fala dun verán «moi cálido» na nosa Comunidade, similar aos rexistros dos anos 2013 e 2015. Na zona do Miño ourensá, no río Sil e no Condado, rexistráronse as temperaturas medias máis altas, que chegaron a superar os 22º. A media en Galicia foi de 18º.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 1.200 participantes nas 54 actividades do Centro Demostrador TIC nos 6 primeiros meses do ano

Seguinte Nova

Continúa ata o día 15 o horario de verán nas visitas á Torre da Homenaxe de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

   
A %d blogueros les gusta esto: