O alcalde de Monforte reuniuse cos veciños das Acacias

• O rexedor trasladoulles as melloras que vai realizar o Concello na contorna desta urbanización próxima ao Hospital

A reunión do alcalde de Monforte cos veciños da urbanización As Acacias tivo lugar o 7 de setembro. GPCM.
A reunión do alcalde de Monforte cos veciños da urbanización As Acacias tivo lugar o 7 de setembro. GPCM.

 

• O día 7 deste mes, o alcalde de Monforte, José Tomé, reuniuse cos veciños da urbanización As Acacias, situada preto do Hospital, para informarlles sobre as melloras que vai realizar o Concello. Entre outros temas, o rexedor local explicou o cambio de ubicación dos contenedores de lixo selectivo, que ten como obxectivo facilitar a entrada e saída dos vehículos estacionados a carón da rúa. Así mesmo, José Tomé adiantou que se van colocar novos bancos e papeleiras polo barrio.
MÁIS PRAZAS DE ESTACIONAMENTO
Outra das actuacións que o Concello de Monforte ten en carteira para esta zona é o asfaltado da parte frontal dos edificios da urbanización As Acacias. Tomé explicou que se vai destinar arredor de 9.000 euros para esta obra, que se realizará con aglomerado en quente, e que inclúe a sinalización horizontal. Ademais, o Concello aproveitará esta actuación para establecer unha reordenación dos espazos para o tráfico “que vai posibilitar ampliar o número de prazas de estacionamento”.
José Tomé salientou que estas medidas na contorna de As Acacias forman parte do plan de mellora dos barrios que está a desenvolver o Goberno local. O alcalde lembrou a recente instalación dunha nova rede de abastecemento de auga no barrio do Hospital, que resolveu as frecuentes averías e a falta de presión.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Goberno provincial deseña cos colectivos un plan de emprego para persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión

Seguinte Nova

Criterios sociais nas bases das axudas provinciais ás asociacións culturais

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: