O Goberno provincial deseña cos colectivos un plan de emprego para persoas con capacidades diferentes e en risco de exclusión

• A Deputación destinará 2,5 millóns de euros a este plan de emprego • Ata o 12 de setembro, os interesados poden enviar os seus perfís profesionais a través da web do organismo provincial

O presidente e o vicepresidente da Deputación informaron das reunións que están a manter cos colectivos sociais ou especiais da provincia para elaborar o novo plan de emprego. GPDL.
O presidente e o vicepresidente da Deputación informaron das reunións que están a manter cos colectivos sociais ou especiais da provincia para elaborar o novo plan de emprego. GPDL.
• A comezos de setembro, o Goberno provincial anunciou que está a traballar cos colectivos sociais lucenses na elaboración dun novo plan de emprego. Segundo explicaron en rolda de prensa o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o vicepresidente, Álvaro Santos, este plan vai destinado a favorecer a contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Este plan de emprego social estará dotado de 2,5 millóns de euros.
PRAZO ATA O 12 DE SETEMBRO INCLUÍDO, PARA ENVIAR ON LINE OS DATOS DOS PERFÍS LABORAIS
Coa finalidade de elaborar este plan, o Goberno provincial ten habilitado dende primeiros deste mes un banner na web oficial da Deputación, a través do cal se poden enviar os perfís laborais. En www.deputacionlugo.gal, os interesados poden clicar no apartado “Emprego para persoas con capacidades diferentes”, no que accederán a un formulario no que deberán indicar a súa titulación, experiencia laboral, ou perfís laborais aos que queren optar, entre outros datos. A información deberá enviarse ao enderezo electrónico area.emprego@deputacionlugo.org. O prazo de envío da información remata o 12 de setembro.
ELABORACIÓN DUNHA BASE DE DATOS
Dende a Deputación explicaron que toda a información recibida a través desta vía servirá para elaborar unha base de datos provincial, na que se vai recoller o conxunto dos perfís laborais das persoas con dificultades sensoriais, psicolóxicas ou físicas, entre outras, así como de persoas en risco de exclusión social, como ex reos ou vítimas de violencia de xénero.
O deputado de Emprego e vicepresidente provincial, Álvaro Santos, destacou que “o noso obxectivo é primar a contratación destes colectivos no vindeiro plan de emprego social que vamos a poñer en marcha na provincia con 2,5 millóns de euros da Deputación”. Neste sentido, os responsables do Goberno provincial mantiveron varias reunións con colectivos sociais ou especiais para definir as liñas de actuación do vindeiro plan de emprego para a nosa provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación cede terreos á Fundación de Dano Cerebral para construír unha unidade de patoloxía dual

Seguinte Nova

O alcalde de Monforte reuniuse cos veciños das Acacias

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: