O pasaxeiro número 1.000 dos Trens Turísticos de Galicia fixo a ruta da Ribeira Sacra

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na entrega do distintivo ao pasaxeiro número 1.000 da cuarta edición do programa “Galicia a Todo Tren”, que fixo a ruta do Tren Turístico da Ribeira Sacra, o pasado 7 de agosto. GPXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na entrega do distintivo ao pasaxeiro número 1.000 da cuarta edición do programa “Galicia a Todo Tren”, que fixo a ruta do Tren Turístico da Ribeira Sacra, o pasado 7 de agosto. GPXG.

• A Ribeira Sacra atraeu ao pasaxeiro número 1.000 do programa “Galicia a Todo Tren”, que desenvolve Turismo de Galicia en colaboración con Renfe e o Inorde. O tren que percorre a Ruta do Viño da Ribeira Sacra está a acadar unha das maiores cotas de ocupación da cuarta edición deste programa, que arrincou no mes de xuño e rematará a mediados de outubro.
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o pasado día 7 de agosto, na entrega do distintivo ao pasaxeiro número mil,  as nove rutas de “Galicia a Todo Tren” estanse a consolidar como un dos produtos turísticos máis demandados neste verán. Castro adiantou que as diversas rutas temáticas rexistran unha ocupación do 90 e 100%. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Camiño de Inverno acada a categoría de ruta oficial

Seguinte Nova

Convenio entre Xunta e Voluntarios de Protección Civil para reforzar a seguridade no Camiño Francés

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: