• Ademais de complementar os adestramentos de taekwondo, esta actividade está aberta ao público en xeral
• O curso comeza con novidades no ximnasio Neka. Ademais de retomar os adestramentos de taekwondo, este mes arranca unha nova actividade, centrada na ximnasia deportiva.
CLASES DE XIMNASIA DEPORTIVA OS VENRES
Segundo precisou o xerente do Neka, José Mª Vega, a idea xurdiu da necesidade de completar o traballo dos taekwondistas que compiten na disciplina de freestyle. “No aspecto puramente técnico, imos moi ben orientados, pero o freestyle require a incorporación de acrobacias que van máis alá do noso traballo”, precisou Vega. As clases serán impartidas no ximnasio monfortino por un profesional de Ourense, “que lles aportará unha boa base aos deportistas”, explicou. O ximnasio xa está perfectamente equipado cun mini trampolín e unha colchoneta de alta resistencia para a realización de ximnasia deportiva.
Esta nova actividade, que ten lugar os venres pola tarde, está a ser recibida “con entusiasmo” polos rapaces e rapazas que pratican taekwondo no club Neka. “Van aprender a facer acrobacias, e iso lles encanta”, suliñou Vega, quen destacou que a ximnasia deportiva “está planteada como unha actividade máis do ximnasio, aberta tamén a todo tipo de persoas”.
No aspecto de competición, en Neka xa iniciaron o traballo para afrontar a primeira cita do curso. O vindeiro 17 de setembro, Junior Martínez e Pedro Luis Pérez competirán en Ourense nunha proba puntuable para a selección galega de combate junior e senior.

INICIACIÓN AO TAEKWONDO PARA CATIVOS DE 4 E 5 ANOS
Tamén comezaron a traballar os nenos e nenas de 4 e 5 anos que se están a iniciar no taekwondo. As clases son os martes e xoves de 18,15 a 19,00 horas. “Son o futuro, por iso estas son das clases máis importantes que teño”, destacou Vega.•