Os convenios asinados entre a Deputación e os Concellos permiten melloras nas dotacións no rural

• O pasado mes, foron asinados os convenios con Ribas de Sil, Paradela, Samos e Triacastela, por un importe total de 1.145.000 euros • Estes investimentos son os primeiros do Orzamento provincial 2016 que reciben estes municipios

• O Goberno provincial vén de asinar o mes pasado diversos convenios cos concellos de Ribas de Sil, Paradela, Samos e Triacastela, por un importe total de 1.145.000 euros. Os investimentos son os primeiros que reciben estes municipios con cargo ao Orzamento provincial para este ano. Segundo explicou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, estas partidas van destinadas fundamentalmente «ao arranxo de infraestruturas e dotacións públicas, xerar emprego e potenciar os servizos sociais».
250.000 EUROS DE INXECCIÓN ECONÓMICA EN TRIACASTELA
En Triacastela, o mandatario provincial explicou nunha visita institucional realizada o 12 de agosto que o «importante convenio de 250.000 euros busca mellorar a calidade de vida do 700 veciños deste concello, tratando de garantir que teñan as mismas prestacións públicas e oportunidades que os cidadáns de concellos máis grandes». Campos Conde, que defendeu este convenio como «unha clara aposta pola vida no rural», precisou o destino de cada unha das partidas. Así, 142.500 euros irán para arranxar con aglomerado en quente as estradas municipais de Santalla ao Furco e de Santalla a Folgueiras, que dan acceso a sete núcleos rurais e comunican este municipio cos de Láncara, Becerreá e As Nogais. Outros 35.216 euros irán a través do Plan de Obras e Servizos (POS) para mellorar dúas pistas e unha traída de auga. O aforro enerxético do Concello vaise potenciar cun investimento de 14.738 euros en melloras no alumeado público e nos sistemas de calefacción e illamento dos edificios públicos. Así mesmo, unha partida de 2.947 euros permitirá ao Concello de Triacastela asumir os traballos que esixirá a nova lei para mellorar a sede electrónica, e que entrará en vigor en outubro. Pola súa banda, o fomento do emprego contempla un investimento de 29.812 euros a través do programa DepuEmprego, polo que o Concello poderá contratar máis persoal e mellorar a prestación de servizos. Así mesmo, a Deputación destina ao Servizo a Domicilio 19.655 euros, cun adianto do 90% e a posibilidade de financiar tamén os gastos de funcionamento, ademais dos de persoal.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, asinou o correspondente convenio co alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, o pasado 16 de agosto. GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, asinou o correspondente convenio co alcalde de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, o pasado 16 de agosto. GPDL.
PRETO DE 250.000 EUROS PARA RIBAS DE SIL
En Ribas de Sil, o convenio que materializa o primeiro investimento provincial de 2016 no municipio supón unha inxección de case 120.000 euros. Este convenio permitirá custear con 24.000 euros a pavimentación dos accesos e da praza de Figueirido, un importante núcleo socioeconómico deste municipio, xa que concentra a produción da afamada cereixa de Ribas de Sil. Segundo sinalou o presidente da Deputación na sinatura do convenio, esta actuación responde a unha das principais demandas dos produtores da zona. Outra das peticións dos veciños é o arranxo das estradas locais de Figueirido a Peites ata o entronque coa N-120, e para o que se destinan case 40.000 euros. Así mesmo, faranse melloras na sinalización das rúas da capitalidade, en San Clodio, onde se concentra máis da metade da poboación do municipio. Esta actuación conta con 8.000 euros de orzamento. Tamén con cargo a este convenio vanse destinar 5.500 euros para comprar maquinaria de reforzo do equipamento da brigada municipal de obras. Pola súa banda, o Concello de Ribas de Sil segue a mellorar a eficiencia enerxética, polo que vai destinar 23.000 euros deste convenio coa Deputación para comprar un grupo electróxeno destinado ao servizo de bombeo da traída de auga e da luz municipais. Esta adquisición vai aforrar custes, xa que ata agora o Concello tiña que alquilar este equipo para proveer de auga e luz aos veciños do rural cando se producen averías.Por último, vanse destinar 14.300 euros á elaboración dun inventario de camiños municipais, documento público imprescindible no Concello para certificar obras ou solicitar axudas ás administracións.
INVESTIMENTOS A MAIORES DO CONVENIO EN RIBAS DE SIL
Ademais deste convenio, a Deputación de Lugo vai investir en Ribas de Sil, con cargo aos Orzamentos deste ano, 47.300 euros do Plan de Obras e Servizos para mellorar o abastecemento de auga en Viardonas, e as rúas de San Pedro, principal barrio do municipo ao carón da capitalidade. Así mesmo, haberá máis investimentos en aforro enerxético, con 15.858 euros para reducir a factura municipal en luz e calefacción.  Ribas de Sil contará tamén cunha achega provincial de 3.171 para modernizar a sede electrónica do Concello, segundo os requisitos da nova lei que obriga a completar estas melloras antes do 1 de outubro.
Por último, a partida provincial en Ribas de Sil para o Servizo a Domicilio é de 22.040 euros, mentres que o DepuEmprego  destina 32.219 euros para xerar emprego neste municipio. Ademais, a Deputación achega 3.000 euros para colaborar coa Festa da Cereixa e do Aceite, unha das principais citas de exaltación dos produtos autóctonos do sur de Lugo.
O convenio coa Deputación permitiu en Paradela o arranxo do único tanatorio municipal, con máis de 100.000 euros. GPDL.
O convenio coa Deputación permitiu en Paradela o arranxo do único tanatorio municipal, con máis de 100.000 euros. GPDL.
AS CIFRAS PARA SAMOS
En Samos, o investimento total da Deputación para este ano ascende a 325.000 euros. Deles, preto de 70.000 van destinados ao mantemento de vivendas comunitarias e apartamentos tutelados. Segundo precisou o alcalde, Julio Gallego, esta aportación provincial permite manter abertas estas vivendas, nas que traballan seis persoas e viven 17 familias.
Por outra banda, destínanse 81.273 euros ao arranxo do pavimento dos viais de sete núcleos rurais,  e 18.726 para reparar o depósito de auga en Zoo. Ademais, a Deputación achega 60.323 euros a través do Plan de Obras e Servizos, 20.335 para aforro enerxético, 4.067 para mellorar a sede electrónica, 22.722 euros para o Servizo a Domicilio, e 32.213 euros do DepuEmprego. O ente provincial fai tamén unha achega de 3.000 euros para colaborar coa Feira Gandeira de Samos, e 5.000 euros para contratar unha guía turística para Abadía de San Xiao, en pleno Camiño de Santiago.
320.000 EUROS EN PARADELA
En Paradela, o investimento provincial destina 60.000 euros para comprar un novo camión de recollida do lixo, así como 106.436 euros para acondicionar o único tanatorio municipal, algo moi demandado pola veciñanza. Por outra banda, construirase un novo parque infantil no colexio público, cunha partida de 5.743 euros. Dentro do Plan de Obras e Servizos, a Deputación achega a Paradela 50.867 euros para acondicionar camiños en sete núcleos rurais. En materia enerxética, son 21.455 euros os aportados polo organismo provincial para que o Concello leve a cabo melloras na eficiencia no consumo de luz e calefacción. A mellora da sede electrónica municipal contará cunha aportación de 4.291 euros. Por último, a dotación para o Servizo a Domicilio en Paradela será de 23.062 euros, mentres que a achega provincial para fomento do emprego a través do DepuEmprego sumará 44.251 euros. •

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fotografía e pintura no verán de Quiroga

Seguinte Nova

Medio Rural destinará preto de 600.000 euros para recuperar os viñedos da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: