• A música e o baile animaron o último tramo do mes de agosto para os preto de 100 alumnos e alumnas que participaron no IV Obradoiro de Verán que organiza o Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez de Monforte. Do 18 ao 26 de agosto, o Obradoiro ofreceu unha ampla variedade de disciplinas musicais en diferentes niveis, dende música hip hop ata piano ou violín, e no apartado de baile, os participantes puideron disfrutar de danza tradicional galega, ballet clásico ou bailes de salón. O piano e os instrumentos de corda foron as disciplinas máis demandadas este ano, nun obradoiro que está dirixido a persoas de calquer idade, con maior afluencia de rapaces e rapazas de 5 a 14 anos, aínda que tamén se sumaron alumnos de máis de 70 anos.•