Preto de 250 nadadores de toda España participaron na I Travesía a Nado La Heroica nos Canóns do Sil

Podio da categoría feminina da I Travesía a nado La Heroica Gran Premio Diputación de Lugo. (Foto cedida: Organización).
Podio da categoría feminina da I Travesía a nado La Heroica Gran Premio Diputación de Lugo. (Foto cedida: Organización).

• O sábado 13 de agosto disputouse nos Canóns do Sil a I Travesía a Nado La Heroica Gran Premio Diputación de Lugo. Esta primeira edición reuniu a preto de 250 nadadores procedentes de toda España, que competiron nun total de catro probas, todas elas con meta no embarcadoiro de Doade, en Sober. A proba reina, e máis esixente polo seu percorrido de 10.000 metros, serviu para abrir a xornada. Os nadadores foron trasladados en catamarán ata a contorna dos Chancís, punto de partida do trazado do Gran Premio Diputación de Lugo, ata o embarcadoiro de Doade. A xornada completouse coas probas de 5.000, 2.500 e 500 metros.
A organización estivo a cargo da Asociación deportiva cultural FeFeMe e Championchipnorte, baixo a dirección técnica de Fernando Timiraos, nadador e presidente do Clube de Natación Portamiñá, e coa colaboración da adega Regina Viarum e a Olería de Gundivós, que aportou as pezas dos trofeos. A Deputación de Lugo colaborou cunha achega económica de 10.000 euros. O Concello de Sober tamén colaborou co desenvolvemento desta proba, “que baixo o nome de La Heroica servirá para promocionar a nosa zona e a denominación do noso xeito de recoller a uva”, destacou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito das festas de inchables organizadas nas Piscinas Municipais de Sober

Seguinte Nova

O ximnasio Neka reforza a súa oferta con ximnasia deportiva

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: