
• Monforte convertirase nun auténtico plató de cine o vindeiro sábado 17 de setembro. A partir das sete e media da tarde, as instalacións do Museo do Ferrocarril de Galicia van acoller a recreación histórico-militar do asalto ao tren do ouro alemán en 1945. Para acceder a esta rodaxe de carácter histórico, a organización establece unha entrada-donativo de tres euros.
Este acto forma parte das Xornadas Ferroviarias que se celebrarán no Museo do 16 ao 18 de setembro, coincidindo co décimo aniversario da asociación histórico cultural The Royal Green Jackets da Coruña, organizadora do evento xunto co Museo do Ferrocarril.
Outro dos atractivos do sábado é o encendido da locomotora Mikado, que estará operativa co seu sistema de vapor durante todo o día. Tamén haberá unha exposición de vehículos da 2ª Guerra Mundial, actividades infantís e un concerto de Lapanaback a partir das dez da noite.•