Sarria acollerá a terceira etapa da XV Volta Ciclista a Galicia

A presentación da terceira etapa Comarcas de Sarria- Sarria, dentro do circuíto da XV Volta Ciclista a Galicia, tivo lugar na vila xacobea o pasado 2 de setembro. (Foto: Federación Galega de Ciclismo).
A presentación da terceira etapa Comarcas de Sarria- Sarria, dentro do circuíto da XV Volta Ciclista a Galicia, tivo lugar na vila xacobea o pasado 2 de setembro. (Foto: Federación Galega de Ciclismo).

• Sarria formará parte do itinerario que percorrerá a nosa Comunidade durante  a XV Volta Ciclista a Galicia 2016. A vila xacobea e as terras sarrianas serán protagonistas da terceira etapa da proba, Comarcas de Sarria- Sarria, o venres 16 de setembro.
AS CATRO PROVINCIAS GALEGAS EN CINCO ETAPAS
A XV Volta Ciclitas a Galicia desenvolverase do 14 ao 18 de setembro, nun formato de cinco etapas como hai anos, que arrancarán na localidade coruñesa de Noia. Esta vila será o referente das dúas primeiras etapas dun trazado que discurre polas catro provincias galegas. A contrarreloxio en Noia abre o circuíto, e continúa coa etapa Noia-Noia. Logo do paso por Sarria, os ciclistas realizarán a cuarta etapa Verín-Verín. A última xornada terá como espazo a provincia de Pontevedra, coa etapa Porriño-Porriño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O ximnasio Neka reforza a súa oferta con ximnasia deportiva

Seguinte Nova

Iniciado o proceso de integración da Fundación TIC na Deputación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: