• Do 1 ao 12 de agosto, unha vintena de mozos e mozas entre 18 e 30 anos déronse cita en Quiroga para participar no campo de traballo Castelo de Novaes. Esta iniciativa, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co Concello de Quiroga, ten como obxectivo desenvolver actuacións en espazos culturais e patrimoniais, para poñer en valor e divulgar a riqueza destes entornos. No campo de traballo de Quiroga participaron mozos e mozas de varios puntos de Galicia e España, e de países como Rusia, Taiwan, Alemaña e Francia.
Baixo a dirección do arqueólogo Iván Álvarez Merayo, os participantes coñeceron as características históricas e patrimoniais de Quiroga, e desenvolveron tarefas de acondicionamento da contorna do Castelo de Novaes. Así mesmo, os mozos e mozas disfrutaron de actividades de tempo libre, deporte e natureza.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco