Vacacións activas no Círculo Saviñao de Escairón

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O Círculo Saviñao non parou no verán. A tempada estival estivo chea de eventos, co protagonismo de emblemáticos persoeiros da dinamización local.
CARRIOLA PON REMATE Á SÚA PRODUCIÓN DOCUMENTAL
Pepe Losada «Carriola» presentou o DVD «Embalses de Belesar e Peares. A súa incidencia no entorno», que realizara en 2014 xunto con José Manuel López «Poldo». Este traballo supón a xubilación creativa de Pepe Carriola, segundo anunciou no evento de presentación deste documental. Carriola completa así unha intensa traxectoria con máis de 180 reportaxes audiovisuais e fotográficos sobre temas vinculados a Galicia e Canarias. Unha herdanza de luxo para toda a comunidade.
No eido pictórico, o Círculo está a acoller ata mediados de setembro unha mostra do arxentino afincado en Amandi Alejandro Ciurluini, que inaugurou acompañado de familiares e amigos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio entre Xunta e Voluntarios de Protección Civil para reforzar a seguridade no Camiño Francés

Seguinte Nova

Aberta a inscrición nas Escolas Deportivas de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: