As instalacións da Piscina Municipal de Monforte inician a programación do novo curso 2016-2017. En canto ás actividades en piscina, o 3 de outubro comezarán os cursos de natación, nas categorías de bebés, infantil, nenos de 6 a 12 anos, e adultos a partir de 13 anos. A actividade de aquagym, a partir de 16 anos, desenvolverase luns e xoves ás 10,30 horas. Aínda está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de xóvenes e adultos.
Pola súa banda, o 15 de setembro deron comezo as actividades en sala, para maiores de 16 anos, que inclúen aerobike, cardio-dance, ximnasia de mantemento, body-training, en forma, zumba e pilates. O prazo de inscrición para as actividades en sala segue aberto ata cubrir prazas.
As instalacións das Piscinas Municipais de Monforte ofrecen tamén a posibilidade de praticar nado libre, uso do ximnasio e alugar as pistas de tenis. O horario do complexo deportivo é de 7,30 a 14 horas, e de 15 a 23 horas de luns a venres, e os sábados de 10 a 14 horas e 18 a 22 horas. Os domingos e festivos abre de 10,30 a 14,30 horas.•