Arte para lembrar a Manuel María no Círculo Saviñao ata o 9 de outubro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

•Ata o 9 de outubro, o Círculo Saviñao de Escairón ofrece a posibilidade de achegarse á figura de Manuel María a través dunha exposición. Tres artistas amosan as súas creacións pictóricas e escultóricas inspiradas no poeta chairego homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O pintor e periodista ourensán Miguel Martínez Coello, o pintor italiano afincado en Amandi Alejandro Ciurluini, e o escultor Cándido Caneiro presentaron as súas obras para esta homenaxe nun acto celebrado o pasado 11 de setembro. A exposición inclúe tamén obras pictóricas da artista turca Neslian Özgenc.
Durante a inauguración, os asistentes puideron disfrutar da lembranza dos versos de Manuel María a través da voz de Amelia do Val, que ofreceu un recital con creacións do poeta lucense. (Fotos cedidas).•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

20 persoas participan en Chantada e Carballedo nun obradoiro de emprego da Xunta

Seguinte Nova

Formación para unha prática máis segura da caza

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: